Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » e-learning » Resources
Highlights

Users Online
985 guests online
Total since 21-12-05: 81104722 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Libros electrónicos (Libros-e ou e-books): Crear libros-e para Acrobat Reader PDF E-mail

Como nos referíamos na sección anterior, é posible crear libros-e (e-books) en Formato PDF, para que poidan lerse co el visor gratuito Adobe Acrobat Reader. O formato PDF é un formato moi popular, e múltiples institucións e webs ofrecen os seus documentos neste formato.

Acrobat tiña dúas aplicacións gratuitas para poder visualizar documentos PDF: Acrobat Reader eAcrobat Reader E-book Reader. Esta última permítenos ter todas as vantaxes para a lectura e múltiples opcións dos e-books. Sen embargo, actualmente Acrobat xa non ofrece descargar esta aplicación de forma independente (versión 2.2 en español) aínda que podemos descargala desde outros sitios web, como librerías electrónicas, por exemplo Libronauta, porque quedou integrado nunha soa aplicación: Adobe Reader 6 é o visor de documentos pdf e o lector e e-books.

Adobe Reader 6 -a diferencia do lector de e-books específico (Adobe Acrobat eBook Reader 2.2)- esixe, para poder disfrutar das vantaxes do lector de e-books, que os arquivos PDF creados (tanto libros-e comerciais como os que poidamos crear nós) xenérense utilizando a súa ferramenta Adobe Acrobat. Si non é así, a posibilidade de anotar, suliñar e poñer marcadores está deshabilitada.

Sen embargo, se o que nos interesa é facilitar documentos ós nosos alumnos / compañeiros en PDF e permitirlles ter as vantaxes que ofrece o lector de e-books de Acrobat, podemos seguir facéndoo, descargando o lector independente (buscándoo en Internet, ou ben no sitio que propoñíamos antes) eBook Reader.

Para crear ebooks para o lector de Adobe Acrobat Reader, temos varias opcións:

  • En http://www.acrosoftware.com/ pódese descargar a última versión do seu software gratuito CutePDF Printer (para Windows 98/Me/2000/XP) que permite xenerar arquivos PDF desde calquera aplicación que permita imprimir (é dicir, practicamente todas): Procesadores de texto, páxinas html, presentación de diapositivas, programas de gráficos...
  • Outro programa para xenerar PDFs gratuito, Gymnast. Permítenos unicamente xenerar arquivos .pdf a partir de documentos de texto (.TXT). O inconvinte é que non poderán ter imaxes integradas.
  • En http://www.visagesoft.com/easypdf/easypdf_free.php podemos descargar o programa gratuito "EasyPDF", (máis limitado en opcións có anterior).
  • A versión 1.1 de OpenOffice, para Windows, MacX ou Linux dispón da opción "Exportar a PDF" un documento.

Adobe permite, ademais, que xeneremos arquivos PDF desde a súa web. Esta é unha opción de pago, pero que ten tamén unha versión de avaliación, que permite que poidamos facer 5 PDFs de forma gratuita, rexistrándonos na web de adobe para esta fin.

Os arquivos PDF dun eBook son similares ós PDF "normais", pero poden conter unha protección engadida, para evitar que se copien ou envíen a outras persoas ou ordenadores. A maior parte dos libros-e que compremos en librerías on-line terán esta protección.

Last Updated ( 22.09.2006 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

E-learning projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA