Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » e-learning » Resources
Highlights

Users Online
784 guests online
Total since 21-12-05: 66699340 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Cadernos de Bitácora ou Weblogs PDF E-mail

¿Que é un Weblog?

Un weblog (tamén chamado blog, diario persoal ou caderno de bitácora) é unha aplicación informática (servidor) que permite a unha ou varias persoas mediante un navegador Web (cliente) publicar novas na Rede de xeito doado. Trátase polo tanto dunha ferramenta de traballo colaborativo asincrónica -e ata certo punto sincrónica- que permite a un autor ou varios publicar información actualizada sobre temas específicos. Esta información, cando se publica queda organizada cronolóxicamente, por categorías, etc.

Un weblog está deseñado para que, como nun diario, cada artigo (post) teña data de publicación, de forma tal que o autor/es (weblogger) e os lectores poidan ver facilmente as últimas modificacións, consultar arquivos de meses ou días pasados, facer búsquedas por contido, etc.

Hai moitos tipos de Weblogs, pero a maior parte deles son persoais, outros son lúdicos, educativos, laborais, etc.

Aínda que un weblog pode administrarse e manexarse exclusivamente a través dun navegador web, tamén existen ferramentas adicionais que facilitan o almacenamento e xestión de todos os arquivos do weblog desde o noso PC.

¿Para que serve un Weblog? Aplicacións dos Weblogs ao E-Learning

No campo educativo os weblogs poden ser útiles, por exemplo, para:

  • Crear unha web monográfica onde un grupo de alumnos desenvolvan de forma colaborativa un tema concreto, amosando as súas opinións, buscando información adicional, facendo comentarios sobre o enviado por outros compañeiros...
  • Para procesos de "Choiva de ideas" (Brainstorming) onde un profesor plantexa unha idea e todos os participantes dan a súa visión particular sobre a mesma.
  • Ferramenta para a aprendizaxe guiada cronoloxicamente, na que se establece un diálogo "asincrónico-sincrónico" entre o/os profesor/es e os alumnos sobre unha proposta concreta, e uns pasos a seguir.
  • Creación dun sitio web para grupos de traballo (de investigación, de debate, etc. ) para profesores, alumnos, investigadores, facilmente modificable por usuarios sen experiencia en edición web.
  • Creación dunha axenda educativa, como diario de clase, totalmente comentable, con tarefas, suxerencias, e/ou arquivos asociados, con posibilidade de establecer os niveis de intervención para cada usuario .
  • Creación dunha web que proporciona información sobre un evento determinado: un congreso, xornadas, etc. que informa ás persoas inscritas de todas as novedades no memo momento en que se producen, a través do seu correo electrónico.
  • Creación dun xornal educativo de forma colaborativa online.
  • Etc.

Existen moitas outras posibilidades de uso, condicionadas pola variedade de funcionalidades coas que contan ferramentas deste tipo (sabendo que hai variantes entre os diferentes productos). Algunhas de estas funcionalidades son:

  • Introducir información a través dun navegador web (sen coñecer linguaxes HTML, etc.)
  • Poden estar xestionados por un só usuario ou por varios usuarios,
  • Publicar imaxes, audio..
  • Incluir arquivos (documentos, presentacións...),
  • Publicar ligazóns (tamén clasificados por temas),
  • Modifica-lo aspecto do weblog, utilizando plantillas predefinidas, ou incluso modificando éstas,
  • Permitir ós visitantes que poidan deixar comentarios sobre as mensaxes publicadas,
  • Permitir búsquedas por data, autor, contido...
  • Xestionar a túa lista de usuarios autorizados, podendo delimitar os seus niveis de intervención (escribir artigos, comentar, editar, borrar, administrar o weblog...)
  • Posibilidade de bloquear o acceso a determinadas enderezos IP.

Ademais, permite ter outras ferramentas de interese para o/os administradores do weblog:

  • Consulta de estadísticas de acceso básicas,
  • Importar artigos: este mecanismo utilízase para importar artigos (posts) desde outro sistema de mantemento de bitácoras,
  • Buscar e reemprazar: pódese utilizar para buscar ou reemprazar unha instancia dunha palabra, frase ou letra con outra en todos os posts dun Weblog,

Un weblog permite tamén unha comunicación sincrónica-asincrónica: cando o administrador dun Weblog publica un nuovo artigo, automaticamente notifícase a todos os usuarios rexistrados; da mesma forma, cando un usuario envia un comentario, chega unha notificación por correo electrónico ó administrador do weblog, que ten a posibilidade de actuar como moderador, autorizando ou denegando a súa publicación.

 ¿Onde podo ter un Weblog de forma gratuita?

Para dispoñer dun weblog, temos dúas opcións. En Internet existen moitos servicios que permiten publicar un blog ou caderno de bitácora. Algúns portais onde se poden publicar weblogs de forma gratuita, son:

A área de e-learning do Cesga dispón dun Sistema de Xestión de Weblogs (basado en b2evolution, un sistema de xestión de weblogs de software libre) e tamén conta cun Weblog adicado ó e-learning e que podes visitar. Se eres investigador ou docente do Sistema Universitario de Galicia podes solicitar a creación do teu propio blog contactando con nós.

Se eres unha empresa, podes instalar un weblog na túa propia institución. Hai moitos sistemas de xestión de Weblogs dispoñibles, e algúns deles gratuitos. Aquí vamos recomendar algún dos máis completos. A  licencia é gratuita, e pode instalarse tanto en Windows como en Linux. Trátase de Drupal, b2evolution, WordPress, etc. Ou ben podes solicitar este servicio a unha empresa proveedora destes servicios en Galicia.

Máis Información

  • Bloogz: Buscador de Weblogs e de posts.
  • Weblogabout: Buscador de Weblogs e de posts.
  • Bloogz Rank: Ránking de popularidade de Weblogs basado nas visitas recibidas durante as últimas 24 horas, a nivel global e por idiomas.


Last Updated ( 29.08.2006 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

E-learning projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA