Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » e-learning » Tecnoloxías
Destacados

Conectados
648 visitantes
Total dende 21-12-05: 75378458 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Ferramentas básicas de comunicación: O Chat PDF E-mail

O chat ou IRC (acrónimo de Internet Relay Chat), é un sistema de conversación textual en tempo real para usuarios/as de Internet. Para poder "chatear" so é necesário dispor dun navegador web ou ben de programas cliente como o Mirc ou Pirch).

O chat permite que múltiples usuarios/as se reúnan simultaneamente en tertulias ou debates, nos cales cada un vai expresando as suas opinións de forma escrita e en tempo real, á vez que le as que vai expresando o resto. Esta é a diferencia fundamental entre o chat e os foros de debate ( tamén chamados news ou USENET) - estas últimas aseméllanse máis a unha publicación na que cada usuário/a le o que escribiron os demáis, podendo inserta-lo seu artigo en espera de que sexa lido máis tarde, cando lles chegue ó resto dos subscritores/as.

Para participar nun chat só é necesário conectarse a Internet na forma habitual, executa-lo navegador ou un programa cliente de IRC, e acceder a algun dos moitos servidores repartidos por todo o mundo. Gran parte destes servidores atópanse conectados entre sí, formando o que son coñecidas como redes de IRC, que permiten que usuarios/as conectados a un servidor europeo falen con usuarios/as conectados a un servidor australiano, por exemplo. A rede máis coñecida de servidores de España e hispanoamérica é o IRC-Hispano.
Tamén existen IRC que incorporan texto e imáxes 2D e 3D á sala de charla, videoconferencia, e lugares virtuales (MUD, MOO).

Chats educativos. Algunhas normas de utilización.
  • Nun debate só se deben enviar mensaxes que teñan que ver co tema que se está a discutir.
  • No debate participamos todos (estudiantes e profesores/as) pero xeralmente modérao o profesor/a, aínda que éste intervén nas mesmas condicións có resto dos participantes.
  • Utiliza mensaxes curtas (unhas cinco liñas) e non adxuntes arquivos, porque perderíase a fluidez do debate.
  • Non é necesário que empeces dicindo: "Hola compañeiros....", non fai falla que utilices fórmulas de conclusión en cada mensaxe.
  • Non escribas mensaxes que digan: " Estou dacordo (ou non estou dacordo) con Teresa". En todo caso comenta por que estás dacordo (ou por que non). Se hai que facer referéncia prévia á idea que queres rebater ou ampliar.
  • Cada mensaxe que envies ó debate ten que aportar algunha cousa nova, a favor ou en contra das ideas xa expostas, ou abrir novos campos de discusión.
  • Non espalla-lo debate. Antes de lanzar unha nova liña ou idea, deixa que se esgote o tema que naquel momento ocupa o centro do debate.
  • No momento de intervir a favor ou en contra das ideias xa expostas, procura que non pase demasiado tempo. Non envies unha mensaxe que diga: "Fai dez dias que Mario dicia tal cousa e eu penso que non tivo en conta ...". Despois de tanto tempo é difícil segui-la discusión.
  • Non utilices argot nin palabras que denoten mala educación. Hai que ser breves e concretos, sen deixar de ser críticos.

Artigos de interese.

Actualizado ( 19.07.2006 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos e-learning

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA