Creados os grupos de traballo CESGA - Universidades
O pasado día 30 de outubro de 1998 celebrouse no CESGA a primeira reunión de traballo dos coordinadores de actividade CESGA - UNIVERSIDADES. Nesta reunión fixáronse os obxectivos para o vindeiro ano e constituíronse dous grupos de traballo, un de cálculo intensivo, e outro dedicado ás comunicacións. A iniciativa de creación destes grupos de traballo atopou unha excelente acollida por todas as partes reunidas. Á reunión acudiron os coordinadores das tres universidades de Galicia e o do propio CESGA.
Coordinador Cálculo Intensivo Comunicacións
CESGA Ignacio López Jesús Ramírez José Carlos Pérez
USC Luís Coladas J.L. Simón Antonio Pérez
UDC Bernardino Arcay Ramón Doallo Antonio Santos y Manuel Posse
UVI Manuel Ramos Antonio Domínguez Miguel Jiménez
AGI Juan Luis Ruiz Buján