O Workshop Gaussian 98 reúne ós Químicos Cuánticos e Computacionais no CESGA
O Workshop, celebrado o pasado novembro, foi presentado polo Prof. Miguel Angel Ríos, Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e presidente do consello de administración do CESGA. Os relatorios presentados polos doutores: López e Souto do CESGA, Maurizio Cossi da Universita di Napoli "Federico II", Alistair Rendell da Australian National University Supercomputing Facility (ANUSF) e Ross Nobes do Fujitsu European Center for Information Technologies (FECIT) versaron sobre as configuracións e algoritmos recomendados para obter os mellores rendementos da aplicación Gaussian 98 no VPP300 e no AP3000. Entre outros, ó Workshop asistiron investigadores do CSIC, UDC, UVI e da Universidade de Porto.