Premio outorgado ao Mapa de Índices de Potenciais de Poboación
O mapa "Índices de Potenciais de Poboación de Europa, Península Ibérica, Eurorexión Galicia-Norte de Portugal" acadou un premio no concurso de carteis da "VII Conferencia Nacional de Usuarios de ESRI" celebrado en Madrid os días 25 e 26 de novembro de 1998. Este mapa é o resultado dun proxecto levado a cabo pola Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios da Consellaría de Economía e Facenda da Xunta de Galicia e o CESGA.
Calculáronse os índices de potenciais de poboación das tres áreas xeográficas. A partires da poboación dos principais núcleos urbanos de Europa calcúlase o potencial para cada punto dun enreixado en ARC/INFO, a partires de ditos puntos, mediante interpolación, calcúlanse as curvas de potenciais de poboación en ArcView facendo uso do módulo Spatial Analyst.