Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » General » Visita ao CESGA o Director do Progama da ONU para o Medio Ambiente en América Latina e o Caribe
Highlights

Users Online
329 guests online
Total since 21-12-05: 66572281 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Visita ao CESGA o Director do Progama da ONU para o Medio Ambiente en América Latina e o Caribe PDF E-mail

Hoxe, venres 30 de abril de 1999, Ricardo Sánchez Sosa, Director da oficina rexional para América Latina e o Caribe do Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente, visitou o CESGA para coñecer a experiencia e os proxectos de investigación relacionados co Medio Ambiente desenvolvidos neste centro.

Sánchez Sosa atópase en visita oficial de dous días a Galicia. No CESGA, Sánchez Sosa amosou interese polos recursos de computación utilizados na simulación de procesos ambientais. O CESGA conta cunha extensa experiencia na simulación destes procesos.

Sánchez Sosa amosou especial interese polos proxectos de investigación realizados no CESGA orientados ao desenvolvemento de simulacións de: cambio climático global, comportamento fotoquímico de contaminantes na atmósfera, dispersión e transformación química de contaminantes en augas superficiais, elaboración de inventarios de solos contaminados e mapas para a predición de riscos de inundación de cuncas fluviais.

O Director da oficina rexional para América Latina e o Caribe do Programa de Nacions Unidas para o Medio Ambiente gabou os esforzos que o CESGA realiza conxuntamente coas Universidades Galegas en proxectos de monitorización do Medio Ambiente e sentenciou que estes "permitirán a Galicia coñecer en profundidade a súa situación e estar preparada cara a entrada en vigor dos acordos de Kioto trala súa ratificación no 2000".

Recalcou, tamén, a necesidade de acelerar o actual ritmo de transferencia de coñecemento e tecnoloxía aos países en vías de desenvolvemento; apuntando a proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico que o CESGA realiza en colaboración con centros de investigación en Arxentina e Brasil como exemplos a seguir nesta liña.

Recibiron a Sánchez Sosa na súa visita ao Centro, Miguel Angel Ríos Fernández, Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento e Presidente do Consello de Administración do CESGA, Javier García Tobío, Director-Xerente do CESGA e Ramón Leis Fidalgo, Vicerreitor de Investigación da USC.

Last Updated ( 12.09.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA