Workshop HPCN 99 (High Performance Computing and Networkintg)
O 20 de maio celebrarase na Aula Magna da Facultade de Física (Campus Sur) o Workshop HPCN 99 para investigadores e estudiantes que desexen coñecer a evolución das tecnoloxías HPCN. Nel participarán expertos de toda Europa das principais empresas de informática.
Presentará o Workshop Miguel Angel Ríos, Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento e Presidente do Consello de Administración do CESGA. Abrirá a xornada Javier García Tobío, director do CESGA, falando do HPCN (High Performance Computing and Networking) en Galicia, e facendo unha descrición da situación actual de medios e servicios dispoñibles para a comunidade científica de Galicia e do C.S.I.C.
Ás 11 falará o responsable de Sun Microsystems nos Países Baixos, Ruud van der Pas, presentando a visión de SUN Microsystems respecto da evolución das solucións de cálculo intensivo. A continuación Ricardo Maté, Director Xeral de Storage Tek España, disertará sobre as innovacións nos sistemas de almacenamento de información.
Logo o doutor Ishii, de Fujitsu, falará de métodos de cálculo: escalar, escalar-paralelo,vectorial, vectorial-paralelo. Sobre o futuro de Internet falará Rafael Andreu, responsable de Marketing de Comunicacións en Fujitsu España. O Futuro Inmediato de Internet.
Xa pola tarde o primeiro convidado será Miquel Huguet, director do CESCA (Centro de Supercomputació de Catalunya), logo falará Ana Botija, directora da CICA (Centro de Informática Científica de Andalucía) e, ó final, John Darlington, do Imperial College (Parallel Computing Center).