O Paquete ANSYS Multiphysics 5.5 xa está dipoñible no AP3000
ANSYS é un paquete de elementos finitos orientado inicialmente ao cálculo de estruturas sólidas e analise térmica, que nos últimos anos extendeu o seu campo de aplicación dos elementos finitos á mecánica de fluídos e magnetismo, co paquete ANSYS Multiphysics.
A versión 5.5 do paquete ANSYS Multiphysics atópase instalada no nodo 3 do ordenador paralelo AP-3000. Para acceder ao programa é necesario dispoñer dunha conta nese ordenador. Manuais de Ansys 5.5.
É necesario dispoñer dun servidor X para poder acceder ás funcións gráficas do paquete.
Unha vez que dispoña de conta no AP-3000 ten que facer un telnet ó ordenador ap3.cesga.es.
Antes de comenzar a usar o programa é necesario seguir os pasos:
Definir a variable de contorno ANSYS55_PRODUCT=ane3fl
Incluír nos PATHs de busca os directorios:
/export/home/ansys/bin
/usr/openwin/bin
A instrución para executar ansys en modo interactivo é ansys55. Se se quere utilizar o interface gráfico (supoñendo que se dispón do servidor X), o comando é xansys55.