Os días 21 e 28 de maio de 1999 celebrouse unha experiencia piloto de Teleensino no CESGA co tema "Novas Tecnoloxías no Ensino". Participaron alumnos das Facultades de CC. da Educación das Universidades de A Coruña (UDC) e Santiago (USC) cos profesores Marta Fernández Prieto (UDC), Adriana Gewerc Barujel e Eulogio Pernas Morado (USC).
Para a experiencia comunicáronse as Aulas de Teleensino ubicadas no CESGA e na Universidade da Coruña (Campus Zapateira) por videoconferencia, acoplando ademais os dous taboleiros electrónicos para a colaboración sobre a mesma aplicación en tempo real. Como infraestrutura de comunicacións utilizouse a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galica (REGETGA), co-xestionada polo CESGA e a Dirección Xeral de Comunicación Social.
Durante o curso, os alumnos tiveron ocasión de navegar pola Web e elaboraron conxuntamente unha avaliación dos recursos dispoñibles nela.
O material elaborado nesta experiencia pódese atopar en
A experiencia foi valorada moi positivamente tanto polos alumnos como polos profesores. Destacaron sobre todo: o contacto coas Novas Tecnoloxías, a interactividade, a alta calidade da videoconferencia e a posibilidade do acceso directo á Internet e os recursos da Web.
Está previsto repetir a experiencia de forma ampliada no vindeiro curso.