O CESGA instalou un proxy-caché co obxectivo de optimizar as conexións a servidores instalados en redes alleas a RECETGA. Como resultado, os usuarios da rede experimentan un aumento na velocidade nas consultas a servidores web. O proxy-caché garda as páxinas recentemente consultadas por un usuario e sérvellas aos usuarios que realizen posteriores consultas a mesma URL sen volver a traelas dende o servidor orixinal. Deste xeito, redúcese o tempo de recepción da información en peticións realizadas a servidores instalados en redes remotas. O proxy-caché servirá ademais para liberar ancho de banda nos tramos de rede máis saturados.