Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » General » Presentación do Prototipo I Telexerontoloxía
Highlights

Users Online
1349 guests online
Total since 21-12-05: 66754692 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Presentación do Prototipo I Telexerontoloxía PDF E-mail
O 15 de decembro de 2004 foi presentado o Prototipo I nas instalacións do Centro Xerontolóxico de Estancias Diurnas “La Milagrosa”, ubicado na Avda. de Joaquín Planells (A Coruña). Este desenvolvemento tecnolóxico enmárcase na liña de investigación desenvolvida polo CESGA na área de e-Learning, dentro da cal se poden atopar os proxectos “Discognitios”, “Software Senior” e “Ágora Senior”.

A telexerontoloxía é a valoración e intervención a través da rede (a distancia). O dispositivo presentado utiliza o televisor dos domicilios das persoas maiores para transmitir recursos de intervención cognitiva, así como sesións de rehabilitación en directo, videoconferencia con profesionais do sector e moitos outros contidos, mediante un sinxelo sistema de desenvolvemento propio. Este sistema conéctase a Internet, sen necesidade de contratar un provedor de Internet específico.
 
O manexo da pasarela faise mediante un mando ergonómico adaptado ás necesidades e circunstancias de cada usuario, tanto físicas como cognitivas. O deseño da pasarela de servizos realizouse tendo en conta a interacción con dispositivos de recollida de parámetros médicos (DICOM) e domóticos (Integra, X10), permitindo a monitorización médica dos usuarios de telexerontoloxía.
 
A telexerontoloxía ofrecerá os seguintes servizos: tele-alarma, videoconferencia entre domicilio asistido e centro asistencial, difusión de contidos multimedia e interactivos, tele-estimulación cognitiva, recollida remota de parámetros médicos dos pacientes e xestión de historiais xerontolóxicos.
 
A tele-alarma consiste nun sistema de alarmas no centro asistencial que se activan mediante pulsadores de emerxencia nos domicilios asistidos. A videoconferencia entre domicilio asistido e centro asistencial concíbese como un complemento ao servizo anterior, e ten por obxectivo facilitar unha comunicación máis humana e fluida entre pacientes, coidadores e centro asistencial.
 
Como parte integral do proxecto, poranse a disposición dos pacientes e dos seus coidadores diversos servizos traducidos en contidos que poderán visionar (e cos cales nalgúns casos poderán interaccionar) tales como: axenda de eventos importantes e recordatorios do paciente (cumpleanos, posoloxía da medicación, etc.), contidos estáticos e dinámicos sobre temas relacionados cos seus problemas e/ou co seu entorno social; vídeo de sesións terapéuticas baixo demanda emitidos en tempo real ou diferido desde o centro asistencial.
 
A tele-estimulación cognitiva ten por obxectivo proporcionar un método de avaliación do deterioro cognitivo dos pacientes, e, en función deste, adaptar terapias en forma de exercicios de estimulación cognitiva, para reducir ao mínimo a evolución do deterioro. A recollida de parámetros médicos dos pacientes (presión arterial, nivel de glucosa en sangue, electrocardiograma, etc.) a distancia realizarase mediante a conexión de dispositivos de rexistro de constantes vitais á pasarela residencial instalada no domicilio asistido.
 
Por último, no centro asistencial xestionarase un completo historial de cada paciente no que se incluirá abundante información especificamente orientada ás áreas que máis afectan ás persoas maiores.
Last Updated ( 26.09.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA