Rematou o curso de preparación de prazas de telefonistas nas aulas de teleensino do CESGA.
O curso desenvolveuse durante os días 18, 19, 20, 25 e 26 do mes de outubro, e asistiron alumnos tanto na sede do CESGA en Santiago, como no Campus de Lugo.
Estableceuse unha conexión por videoconferencia, que permitiu compartir aplicacións, imaxe e son cos alumnos asistentes ao curso en Lugo.
O perfil medio dos participantes era persoas que non tiñan un contacto directo coa informática e que nunca asistiran a unha clase por videoconferencia.
Segundo a enquisa feita aos participantes, o 90 por cento consideraron que o curso cumpriu as súas expectativas.
Do mesmo xeito, a totalidade dos participantes declararon que o feito de estar nunha videoconferencia, lonxe de dificultar a súa aprendizaxe, non a afectou ou ben a facilitou.
|