As publicacións electrónicas reunen no CESGA a representantes das Bibliotecas das tres Universidades
Hoxe, luns 8 de novembro, levouse a cabo no CESGA unha xuntanza de carácter técnico na que se presentarón e debatiron temas relacionados co uso das novas tecnoloxías aplicadas ás bases de datos referenciadas e publicacións electrónicas.
As representantes das Bibliotecas tiveron oportunidade de escoitar a exposición detallada sobre este tipo de publicacións da Xefa de Ventas da editorial Silverplatter.
Ademais, Claudio Adjona do Centro Informático Científico de Andalucía (CICA), relatou a experiencia deste centro a través do cal as oito Bibliotecas das Universidades de Andalucía teñen acceso a este tipo de publicacións.