Apertura do Curso 99-2000 da Diplomatura de Biblioteconomía a través de videoconferencia
Hoxe, xoves, 11 de novembro ás 19:00 celebrouse no salón de actos do Vicerrectorado do Campus de Ferrol da UDC o Acto Oficial de Apertura do Curso 99-2000 da Diplomatura de Biblioteconomía e Documentación.
O acto de apertura, organizado pola Asociación de Estudiantes de Biblioteconomía e Documentación, correu a cargo do Director Xerente do CESGA, Javier García Tobío. Este fixo a súa presentación en Ferrol dende o seu despacho en Santiago a través de videoconferencia. A súa exposición xirou ó redor da Nova Economía da Rede.
Na súa presentación, o Director do CESGA, analizou as principais consecuencias e efectos que as redes dixitais están a ocasionar na sociedade facendo especial fincapé no seu impacto na economía. Asímesmo, explicou o proceso de construcción desta nova economía que está a ter lugar como causa directa da evolución da rede internet. Un factor determinante na economía da rede é o comercio electrónico que está ocasionando cambios que dinamizan os mercados e a industria. Cambios que inevitablemente farán necesarias adaptacións de tipo político e cultural.