Arranca o programa de formación de usuarios dos servidores de cálculo de altas prestacións
O programa arranca o vindeiro 10 de febreiro cun seminario de "Introdución á Programación dos Superordenadores" e complétase coa celebración dos cursos:
"Vectorización con Fortran 90/VP"
"Optimización e paralelización de código con Fortran77 sobre multiprocesadores de memoria compartida"
"Programación paralela"
"MPI: Unha librería de mensaxes"
Os cursos serán impartidos por profesores do Departamento de Electrónica e Computación da USC baixo a dirección do Prof. Javier Díaz Bruguera e do Prof. Francisco Fernández Rivera, e por profesores do Departamento de Electrónica e Sistemas e do SIAIN da UDC baixo a dirección académica do Prof. Ramón Doallo Biempica.
Consulte a axenda do programa de formación asomándose á sección Cursos.
Os cursos celebraranse vía videoconferencia nas Aulas de TeleEnsino no CESGA e na UDC.
Estes cursos e seminarios son coordinados polo CESGA, que tamén achega a súa infraestrutura material e os seus recursos humanos.
A infraestrutura das Aulas de TeleEnsino foi financiada por FEDER e pola Xunta de Galicia.