O espello da base de datos matemática Zentralblatt Math instalado no CESGA foi actualizado recentemente.
Tras esta última actualización, os usuarios poden consultar versións completas dos volumes que van do 826 ao 929.
A Zentralblatt Math é a maior base de datos existente en Europa sobre artigos de investigación en Matemáticas. O servidor do CESGA dá acceso on-line á base de datos ás Universidades e Centros de Investigación de todo o Sur de Europa, e poden acceder os investigadores en Matemáticas das tres Universidades galegas e dos centros de investigación en Galicia. A base de datos recolle recensións de todos os artigos publicados no campo da investigación matemática desde 1931.
Cada ano engádense á base uns 50.000 artigos de nova publicación. A instalación deste espello no CESGA foi posible grazas ao acordo firmado en 1998 pola editorial "Zentralblatt fur Mathematik", a Facultade de Matemáticas, e o Instituto de Matemáticas cos apoios do Vicerrectorado de Investigación de Santiago, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e o propio CESGA.