Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Comunicacións » FEUGA conectado a RECETGA
Destacados

Conectados
320 visitantes
Total dende 21-12-05: 66647953 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

FEUGA conectado a RECETGA PDF E-mail
A fundación Empresa Universidad Gallega (Feuga) experimentará a partir de hoxe unha sustancial mellora das súas condicións de prestación de servizos, ao quedar conectadas as súas oficinas, mediante fibra óptica e enlace de alta velocidade, á Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA). A conexión foi realizada polo Centro de Supercomputación de Galicia.

O convenio que ampara esta iniciativa foi firmado por Miguel Ángel Ríos Fernández, secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, da Xunta de Galicia, e por Manuel Balseiro González, director de Feuga. Segundo explicaron técnicos do Centro de Supercomputación, a conexión está realizada mediante fibra óptica, e conta cun enlace capaz de transmitir 155 megabytes por segundo. Este enlace é ampliable de xeito inmediato a 622 megabytes por segundo e incluso velocidades superiores. Con isto, Feuga sitúase na vangardia das organizacións que lideran a transformación cara a sociedade da información e o coñecemento.

A nova conexión prove á fundación de acceso á rede de comunicacións de última xeración que conecta ás universidades e centros de investigación de Galicia. A través de RECETGA, Feuga disfrutará tamén de acceso ás redes académicas e de investigación española, RedIRIS, e europea, TEN155.

A Fundacion Universidade Empresa Gallega acada tamén a oportunidade de crear a organización "Feuga virtual", xa que ademais de compartir aplicacións entre delegacións remotas e realizar chamadas intercentros sen custo adicional, permitirá manter aberta permanentemente unha liña de videoconferencia entre a súas sés de Santiago e Vigo. Deste xeito, os traballadores xeográficamente dispersos disfrutarán dun entorno de oficina virtual que lles permitirá traballar como se estivesen no mesmo espazo físico.

RECETGA é unha infraestrutura de comunicacións galega que non depende de operadores externos. A xestión desta rede corre a cargo do Centro de Supercomputación de Galicia, en coordinacón coa Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, da Consellaría de Cultura, Comunicaión Social e Turismo.

Actualizado ( 12.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA