O novo servidor de mapas GIS crea e serve mapas dinámicos en Internet ou nunha Intranet. Estes mapas están xeorreferenciados e ademais de visualizalos pódese interactuar con eles con operacións como zoom, panzoom ou consultar información da base de datos asociada. En principio serviranse mapas de cartografía xeral de Galicia.
O cliente pode empregar un navegador común para acceder aos mapas, como Internet Explorer ou Netscape, ou ArcExplorer, que é o explorador básico de datos xeográficos da casa ESRI, que posúe unha maior funcionalidade e permite a visualización e consulta de datos locais ademáis de datos remotos servidos por Internet. Este programa é de distribución gratuita e está dispoñible para a súa descarga na web do CESGA.
O CESGA tamén lles ofrece ós seus usuarios a posibilidade de desenvolver un servidor de mapas específico para os seus datos co fin de servirlos en Internet ou nunha Intranet, coa posibilidade de distribución de datos en formato ráster ou vectorial, é dicir, o cliente pode descarga-los datos e traballar con eles.
A instalación e posta en servicio deste servidor cartográfico para a comunidade científica foi posible gracias ó financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER.