Actualización á v. 5.19 da Cambridge Structural Database
Levouse a cabo a actualización da Cambridge Structural Database, á v. 5.19. Como novedade destacable, ademáis do programa "quest" habitual,
esta nova versión incorpora un novo interface de ventanas, EN DEMOSTRACION.
O novo interface pode executarse coa orde: cq
Este novo interface, do que existe versión para Xwindows (UNIX) e para MS-Windows, estará en demostración (no noso servidor na versión UNIX) de
forma gratuita ata o próximo mes de outubro.
A partir de dito mes, CSD esixirá o pago dunha licencia por cada instalación de cq ou usuarios simultáneos. Próximamente informarémoslles das
tarifas que CSD nos ten proporcionado para a adquisición de dito interface.
En cualquera caso, o programa interface clásico "quest" continua en funcionamiento.
Manterémolos informados das novedades que CSD nos remita sobre o tema.