Rematou o curso Master de Formación de Especialistas en Programación JAVA
O obxectivo prioritario deste plan foi formar profesionais galegos para satisfacer a demanda que por parte das empresas existe nesta especialidade da programación, de xeito que estes postos de traballo en novas tecnoloxías sexan cubertos con capital humano autóctono.
Na organización deste curso é de agradecer a participación das seguintes empresas: ALTIA, CESATEL, INTELSIS, PRAGMALIA (GRUPO ABS), SOFTGAL.