Os días 26 e 27 de abril de 2001 vanse celebrar no Paraninfo da Universidade da Coruña, as "II Jornadas sobre los Aspectos Jurídicos del Comercio Electrónico", acerca de "La nueva regulación Nacional y Europea sobre el Comercio Electrónico". Este encontro, que conta coa participación de destacados expertos no tema, a nivel nacional, está organizado pola Universidade da Coruña, co patrocinio da Fundación R e a colaboración do Polo Europeo Jean Monnet, do Ilustre Colegio Provincial de Abogados da Coruña, da Cámara de Comercio da Coruña e do Capítulo Galego da Internet Society (ISOC-GAL).
A actualidade do tema fai que estas Xornadas sexan de especial interese para os profesionais de Internet, para os empresarios e para o público en xeral. A pesar de ser una temática predominantemente xurídica, as exposicións faranse de xeito comprensible para os non xuristas.