Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » General » Foro SI-Galicia
Highlights

Users Online
144 guests online
Total since 21-12-05: 48883346 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Foro SI-Galicia PDF E-mail

Os esforzos das administracións para fomentar o auxe do comercio electrónico e a Sociedade da Información véñense sucedendo a través de iniciativas que van configurando pouco a pouco un marco propicio para aproveitar as potencialidades da internet como ferramenta estratéxica de desenvolvemento socioeconómico.

A Unión Europea iniciou o proceso coa acción 'e-Europe', que acabou dando lugar en marzo de 2000 ao "Plan de Acción eEurope 2002". No mesmo contexto hai que encadrar a iniciativa do Goberno español "Info XXI: A Sociedade da Información para todos", que ten como eixos de actuación o sector tecnolóxico, a administración electrónica e a propia sociedade.

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de I+D, deu o paso no mes de maio, coa sinatura do protocolo de creación do Foro para a Extensión da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico, un proxecto interdepartamental no que toman parte as Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo; a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG); Caixa Galicia; Caixanova; o Consorcio da Zona Franca de Vigo; as Cámaras de Comercio, Industria e Navegación de Galicia; Telefónica; Airtel Móvil; Jazztel; R Cable y Telecomunicaciones de Galicia; Grapes Comunicaciones; Retevisión; BT Telecomunicaciones; Uni2 e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia. A primeira sesión de traballo, celebrada hoxe no Cesga, en Santiago, supón a posta en marcha das accións estratéxicas que van guia-la actividade e a cooperación entre os integrantes no foro. A reunión acompáñase da presentación da páxina web, do libro "Internet e comercio electrónico nas pemes galegas" e do Proxecto e-MINDER, a Rede Europea Rexional de Centros de Competencia para a promoción do e-comerce.

Presentación do Centro de Competencias

Un dos asuntos presente na axenda desta primeira sesión de traballo foi o do Proxecto e-MINDER, a Rede Europea Rexional de Centros de Competencia para a promoción do e-Comerce. Trátase dunha iniciativa no que toman parte Polonia, Chipre e Galicia, a través do Cesga, da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago, co fin de contribuír á estratexia europea neste ámbito. Os obxectivos globais do e-MINDER son apoiar a introdución das PEMES na nova economía mediante o establecemento de centros de competencias para o fomento do uso das TIC e o desenvolvemento do comercio electrónico; favorecer e asesorar á administración pública rexional no establecemento de políticas de comercio electrónico; formar á xuventude, ao persoal das pemes e a sociedade en xeral sobre as novas actividades; e diseminar dentro e fóra da Unión Europea as actividades dos centros de competencia e promover a sincronización con outros centros xa existentes.

Estes obxectivos relaciónanse con estratexias específicas dirixidas a mellorar as políticas rexionais para motivar ás empresas a innovar, en particular implementando "best practices" que axudaron ao éxito noutras rexións europeas; motivar aos emprendedores con incentivos para crear canais alternativos de mercado; e crear conciencia de comercio electrónico mediante a formación e a educación onde se localizan os futuros empresarios.

Last Updated ( 16.09.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA