Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Computación » Render de "El Bosque Animado" sobre o Superordenador Virtual Galego
Destacados

Conectados
374 visitantes
Total dende 21-12-05: 67432859 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Render de "El Bosque Animado" sobre o Superordenador Virtual Galego PDF E-mail
O día 3 de agosto tivo lugar a estrea de El Bosque Animado, unha longametraxe de animación 3D baseada na novela de Wenceslao Fernández Florez, realizada integramente en España pola produtora coruñesa DYGRA FILMS e que será distribuída en salas comerciais por Buena Vista Internacional. Trátase da primeira longametraxe realizada en 3D en Europa e conta coa participación de Vía Digital, TVG e cos apoios do Programa Media da UE e da Xunta de Galicia.

No proceso de renderización desta longametraxe de 80 minutos de duración participaron as máquinas integradas nos nodos do Superordenador Virtual Galego (SVG) localizados no Grupo de Sistemas Autónomos da UDC, no CIS Galicia e no CESGA. Para realizar o render, DYGRA tamén fixo uso dos equipos do Videalab da UDC e de equipos propios, xa que o render precisa dunha inxente cantidade de recursos.

Para facerse unha idea da intensa demanda de recursos deste traballo, baste repasar algúns datos do filme. Oitenta minutos de película, tendo en conta 24 fotogramas por segundo, supoñen un total de 115.000 fotogramas compostos por múltiples capas de imaxe cada un de eles. Para o almacenamento dos arquivos a renderizar foi preciso facer uso dun espazo total de 1.2 TeraBytes. A renderización de cada fotograma precisa unha media de dúas horas de cálculo nun procesador Pentium III a 550 MHz. Nunha soa máquina precisaríanse 26 anos de computación para realizar este traballo. Por parte das máquinas conectadas ao SVG participaron neste traballo un total de 49 procesadores.

SVG Configuración

NODO CESGA:
18 procesadores Pentium III a 550 MHz + 2 K7 a 1GHz, 7 GB memoria e 106 GB de disco e sistema de almacenamento masivo, conexión á Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA).

NODO GSA - UDC:
11 procesadores K7 a 700 MHz, 4 GB de memoria e 140 GB de disco, conexión á RECETGA.

NODO CIS Galicia:
18 procesadores Pentium III a 800 MHz, 4.5 GB memoria, 120 GB disco, conexión á RECETGA.

SISTEMA OPERATIVO:
Linux

SOFTWARE RENDERIZACIÓN:
Alias Wavefront Maya (licencia para renderizar en ata 10.000 máquinas).

Actualizado ( 16.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA