Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Proxectos » Créase en Galicia o Centro de Competencias de Comercio Electrónico
Destacados

Conectados
1993 visitantes
Total dende 21-12-05: 66721769 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Créase en Galicia o Centro de Competencias de Comercio Electrónico PDF E-mail

O Proxecto e-MINDER arranca co apoio da Unión Europea para a creación do Centro de Competencias de Comercio Electrónico, que centrará os seus esforzos en axudarlles ás PEMES na adopción de procesos de negocio electrónico coa fin de achegarlles vantaxes competitivas nuns mercados que se tornan vertixinosamente máis esixentes a medida que se internacionalizan. O Cesga lidera a posta en funcionamento deste centro, que conta ademais co apoio do Foro SI-Galicia.

A Secretaría Xeral de I+D pon en marcha o Centro de Competencias de Comercio Electrónico coa cofinanciación da UE

Santiago, 25 de setembro de 2001.- Galicia está a ser a anfitriona da primeira reunión de traballo dos participantes do Proxecto e-MINDER, a Rede Europea Rexional de Centros de Competencia para a promoción do comercio electrónico, que se reúnen durante as xornadas de onte e hoxe no edificio do Cesga, en Santiago. Trátase dunha iniciativa na que toman parte a rexión polaca da Pomerania, Chipre e Galicia, a través do Centro de Supercomputación, da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago. O proxecto ten unha conexión moi estreita co Foro para a Extensión da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico, máis coñecido como Foro SI-Galicia, que foi constituído e posto en marcha hai uns meses co obxectivo de propiciar as condicións necesarias para a entrada de cheo de Galicia na Sociedade da Información a través da colaboración entre a Xunta, as universidades, a CEG, as Cámaras de Comercio, a Zona Franca, entidades financieiras, operadoras de comunicacións e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia.

É por este motivo que o Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Miguel Ángel Ríos, presentou na sesión desta mañán os obxectivos e as comisións de traballo do Foro SI-Galicia, do que tamén é presidente, ós participantes do e-MINDER chegados de Polonia e Chipre, co fin de sentar as bases da retroalimentación entre as dúas iniciativas. O proxecto europeo, que terá unha duración de dous anos, conta cunha financiación total de 723 millóns de pesetas, dos que 278 supoñen o custo da actividade realizada en Galicia. Os participantes contan co apoio da Unión Europea, que contempla esta acción coma un proxecto complementario do ‘Plan de Acción eEurope 2002’.

Centros de Competencias

O contexto que guía as iniciativas contempladas no e-MINDER baséase nun baixo nivel de uso e aplicación das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC), unha elevada presenza de pemes tradicionais e unha localización xeográfica periférica. Estas características son os puntos en común que lles permiten ás partes implicadas no proxecto adoptar estratexias colectivas para vencer os obstáculos que lles impiden superar as diferenzas entre as rexións máis e menos desenvolvidas, en particular no uso das TIC. Estas trabas están relacionadas, en primeiro lugar, coas dificultades crecentes das pemes para asumir criterios de competitividade e internacionalización que lles posibilite competir no mercado e, en segundo, coa falta de confianza que existe de cara ás novas tecnoloxías.

En relación aos obstáculos detectados, o e-MINDER contempla unha serie de obxectivos globais e específicos que definen as estratexias dos participantes no proxecto. Os obxectivos globais céntranse en apoiar a introdución das pemes nos procesos de negocio electrónico mediante o establecemento de centros de competencias para o fomento do uso das TIC e o desenvolvemento do comercio electrónico; favorecer e asesorar ás institucións públicas e privadas a nivel rexional no establecemento de políticas de comercio electrónico; formar á xuventude, ao persoal das pemes e á sociedade en xeral sobre as novas actividades; e diseminar dentro e fóra da Unión Europea as actividades dos centros de competencia e promover a sincronización con outros centros xa existentes.

Estes obxectivos relaciónanse con estratexias específicas dirixidas a mellorar as políticas rexionais para motivar as empresas a innovar, en particular implementando as experiencias que xa demostraron resultados altamente positivos noutras rexións europeas; motivar aos emprendedores para crear canais alternativos de mercado; e crear conciencia de comercio electrónico mediante a formación e a educación onde se localizan os futuros empresarios.

A proxección internacional do proxecto conleva unha contribución á estratexia europea que se concreta na mellor comprensión dos niveis de implantación en materia de TIC a escala comunitaria, na axuda á expansión da economía mediante o apoio dos centros ao desenvolvemento de actividades de comercio electrónico nas pemes e na transferencia de know-how a través da elaboración dun manual para a creación de centros de competencia europeos.

O primeiro resultado que se agarda da posta en marcha do proxecto é mellorar o equilibrio, no uso e na aplicación das TIC, entre as zonas máis desenvolvidas e as que, por razóns económicas e xeográficas, aínda non están no mesmo nivel de desenvolvemento. En relación a isto, tamén se busca detectar as necesidades reais dende a perspectiva tecnolóxica, social e económica para a activación de iniciativas de comercio electrónico, coa pretensión de fomentar a innovación na empresa a través de estratexias de B2B ("business to business", en relación ás transaccións entre empresa e empresa) e B2C ("business to consumer", en referencia ás relacións comerciais entre a empresa e o consumidor).


O Cesga coordina en Galicia
A coordinación do e-MINDER a nivel europeo está a cargo da multinacional SchlumbergerSema. Pola parte galega, os participantes son o Cesga e as Universidades de Santiago e da Coruña. O Cesga é responsable da coordinación en Galicia e, a maiores, leva a cabo labores de sensibilización e difusión e tarefas de asesoramento e soporte. A Universidade de Santiago está encargada da análise da evolución da implantación das TIC en Galicia e a Universidade da Coruña ocúpase, por unha parte, do desenvolvemento e realización dun plan de formación sobre comercio electrónico para pemes e, por outra, da análise das necesidades de formación de cara ó mercado laboral a medio prazo.

A rexión polaca da Pomerania está representada no proxecto pola Presidencia do Goberno rexional e pola empresa Computer Centre-Regional Data Bank. Por Chipre asisten a empresa multimedia Virtual IT, a operadora telefónica estatal e a Universidade pública.

Actualizado ( 16.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA