Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Computación » Constituída a Rede Galega de Bioinformática
Destacados

Conectados
1723 visitantes
Total dende 21-12-05: 66768663 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Constituída a Rede Galega de Bioinformática PDF E-mail
O xoves, 8 de novembro de 2001, ás 11:00 h., reuníronse nas instalacións deste Centro, en Santiago de Compostela, máis de 30 investigadores que desempeñan o seu labor nas tres universidades galegas, en diversos centros do Consejo Superior de Investigaciones Científicas e en laboratorios de investigación de complexos hospitalarios. Na reunión estiveron presentes investigadores das áreas de Química, Bioloxía, Ciencias da Saúde, Matemática e Ciencias da Computación.

Como resultado da reunión, na que os investigadores acturaron en representación propia, constituíuse a REDE GALEGA DE BIOINFORMATICA.
 
A REDE GALEGA DE BIOINFORMATICA é unha Rede Temática que ten como principal obxectivo coordinar os esforzos da comunidade investigadora galega nesta área, a formación de investigadores, a relación con outras redes e o fomento desta disciplina nas institucións, empresas e na sociedade en xeral.
 
A Constitución desta Rede Temática conta co apoio da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia.
 
O CESGA, xunto co Foro Científico-Tecnoloxíco, vén dando apoio a esta iniciativa a través da coordinación de accións e a organización dos Foros relacionados coa Bioinformática.
A Rede constituíuse como unha comunidade de investigadores aberta. Se ten interese en formar parte dela, pode contactar co CESGA a través do enderezo fbouzas@cesga.es
Actualizado ( 16.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA