Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Computing » Premios á excelencia en Supercomputación
Highlights

Users Online
1767 guests online
Total since 21-12-05: 65377997 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Premios á excelencia en Supercomputación PDF E-mail
No mesmo acto de presentación do anuario o Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento e Presidente do CESGA, Miguel Angel Ríos e a Coordinadora Institucional do Consejo Superior de Investigaciones Científicas en Galicia, Mª Cruz Mato, entregaron os Premios á Excelencia en Supercomputación. Estos premios teñen como principal obxectivo recoñecer o esforzo, dedicación, imaxinación e bo facer técnico dos investigadores no uso dos recursos de cálculo intensivo instalados no CESGA.

Tiveron acceso a esta convocatoria todos os investigadores das universidades galegas, dos centros de investigación da Xunta de Galicia e dos centros de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas que realizaron traballos de investigación ao longo do ano 1999 empregando os superordenadores do CESGA.
 
Todos os traballos presentados a esta convocatoria están publicados en formato electrónico e pódense consultar visitando esta web:  (www.cesga.es/ga/Proxectos/Usuarios.html). Na selección dos traballos premiados valorouse tanto o grao de optimización no uso dos recursos de cálculo como o obxectivo e alcance do proxecto de investigación.
 
O equipo de Vicente Pérez Muñuzuri do Grupo de Física non Lineal, Departamento de Física da Materia Condensada, Universidade de Santiago, obtivo o primeiro premio, dotado con 200.000 Ptas., polo seu traballo «Establecemento de modelos de predición meteorolóxica e sistemática de análise da información da Rede automática de observación meteorolóxica». Como resultado deste traballo, todos os días se realiza una predición meteorolóxica de alta precisión para Galicia tomando en consideración os microclimas existentes na zona.
 
O segundo premio, dotado con 100.000 Ptas., foille concedido ao equipo de Enrique Fuente do Instituto Nacional del Carbón do Consejo Superior de Investigaciones Científicas polo seu traballo «Centros Básicos en Materiales Carbonosos y Nuevas Superbases Orgánicas». Froito deste traballo  presentouse a patente dun composto tipo pirona para o seu uso como superbase orgánica en procesos industriais.
 
Estes premios contaron co patrocinio de SUN Microsystems España.
Last Updated ( 19.09.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA