Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Courses and Events » Linguaxe de Modelado de Realidade Virtual "Computer graphics and the web in Art History"
Highlights

Users Online
2674 guests online
Total since 21-12-05: 65448743 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Linguaxe de Modelado de Realidade Virtual "Computer graphics and the web in Art History" PDF E-mail
Como resultado dunha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Investigación da Xunta de Galicia coa colaboración do CESGA e a Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela o Doutor Michael Greenhalgh do departamento de Historia da Arte e Estudios Visuais da Universidade de Australia impartirá unha conferencia e un seminario en Santiago de Compostela os días 27 e 28 de novembro.

CONFERENCIA - Virtual Reality: Computer Graphics and the Web in Art History

DATA: luns 27 de novembro, 19:00h.
LUGAR: Aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

O Doutor Michael Greenhalgh fará unha introdución da súa experiencia co emprego de gráficos de ordenador na súa docencia e investigación en Historia da Arte, tanto imaxes bidimensionais (fotografías ordinarias, estereográf icas e panorámicas) como tridimensionais (mundos virtuais empregando VRML).

SEMINARIO - Constructing Arquitecture using VRML: experiences of a long-time user

DATA: martes 28 de novembro, 11:00h.

LUGAR: Centro de Supercomputación de Galicia.

Este seminario tratará sobre o potencial e inconvenientes do emprego de VRML dende o punto de vista do ensino de Historia da Arte en contorno web. Tamén se analizarán as ferramentas para a xeración destas imaxes, e algúns exemplos traballados polo relator.

MICHAEL GREENHALGH

O doutor Greenhalgh traballa na Universidade Nacional de Australia, no departamento de Historia da Arte e Estudios Visuais. Comezou a impartir cursos aplicando a informática para estudantes de humanidades en 1983. En 1995 na Universidade Nacional de Australia desenvolveu cursos centrados no emprego da Web, especialmente na súa aplicación para museos e galerías.

Durante os últimos tres anos os seus cursos de arte tamén se poden consultar na web e en CD-Rom. Na súa longa experiencia docente ocupou postos como a dirección da rede para o Ensino Electrónico e Materiais de aprendizaxe do Sistema Universitario australiano, e dende hai longo, é un investigador pioneiro no emprego das imaxes tridimensionais no ensino de Historia da Arte.

Ten na súa investigación a construción de modelos complexos en VRML tales como o templo budista de Stupa en Borobudur, e ten outros importantes proxectos de modelización, como a Piazza del Popolo en Roma. Autor e colaborador de múltiples libros, software e artigos sobre Arte e o emprego da tecnoloxía para o ensino da Arte.

Servidor de Arte da Universidade Nacional de Australia: http://rubens.anu.edu.au. Este sitio web contén máis de 130.000 imaxes de obras de arte.

Last Updated ( 19.09.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA