O vindeiro día 29 de novembro a Secretaría Xeral de I+D fará entrega dos Premios Galicia de Investigación 2000 e do Premio Galicia á Innovación Empresarial instituídos no marco do Plan galego de IDT.
O acto, que estará presidido por D. Manuel Fraga, terá lugar as 17:45 horas na sala Mozart do Auditorio de Galicia e a el está convidada toda a Comunidade Científica de Galicia. A duración do acto será de aproximadamente 80 minutos, ao seu remate servirase un viño.