Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Courses and Events » Curso de galego en rede: "é-galego"
Highlights

Users Online
96 guests online
Total since 21-12-05: 59669853 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Curso de galego en rede: "é-galego" PDF E-mail

O pasado venres, 5 de abril, foi presentado no CESGA o curso interactivo multimedia de lingua galega para non galego falantes "é-galego".

Este curso xa se atopa dispoñible para os navegantes que desexen realizalo en e-galego.cesga.es

Interactivo, multimedia, gratuíto e de uso moi sinxelo. A colaboración entre a Fundación Caixa Galicia, a Dirección Xeral de Política Lingüística, o Instituto da Lingua Galega (ILG), a empresa Eido Media, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Secretaría Xeral de I+D deu lugar a ‘é-galego’, un curso creado para internet que tamén estará dispoñible en formato CD-Rom.

 
Sr. José Manuel García Iglesias
Ilmo. Sr.D. Miguel Angel Ríos Fernández
Excmo. Sr. D. Celso Curras Fernández
Excmo. Mgnfco. Sr. D. Darío Villanueva
Sr. D. Julio Robles Élez-Villarroel

A aprendizaxe de idiomas aumentou dende xa hai tempo a súa eficacia aliándose coas novas tecnoloxías. No caso do galego, existía un oco que acaba de ser cuberto coa creación e posta na rede de ‘é-galego’, un curso innovador e moi versátil que será presentado o vindeiro venres en Santiago. O proxecto conta coa financiación da Fundación Caixa Galicia de da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O ILG da Universidade de Santiago traballou na coordinación dos contidos. Pola súa banda, a empresa Eido Media deseñou a estructura de navegación e o interface gráfico, que contou para a súa creación cunha axuda da Secretaría Xeral de I+D. O CESGA, promotor da iniciativa, coordina o proxecto a través dunha labor de valoración e avaliación.

O curso é de acceso gratuíto e conta con dúas plataformas, internet e o CD-Rom, para o que se creou unha versión reducida. Os contidos preséntanse dun xeito atractivo e sinxelo para facilitar o seu emprego a usuarios pouco afeitos ao manexo de aplicacións informáticas.

Máis de cen actividades
Co desenvolvemento das actividades contempladas no curso preténdese a adquisición e o perfeccionamento das habilidades comunicativas básicas, tanto para a comprensión como para a produción de mensaxes orais e escritas. Neste sentido, as súas prestacións principais diríxense á aprendizaxe das funcións comunicativas da presentación, a solicitude de información, a descrición de obxectos, etc.; o dominio das nocións principais empregadas na comunicación, como son o espacio, o tempo, a localización, a duración e a frecuencia; e a comprensión e a aprendizaxe das estructuras gramaticais e do vocabulario necesarios para o desenvolvemento das principais funcións comunicativas.

As actividades do curso están organizadas en catro niveis básicos. O primeiro deles é a comprensión, pensado para desenvolver as capacidades que lle permitan ao alumno interpretar e comprender textos orais e escritos. O segundo é a expresión, co que se procura aumentar e mellorar os recursos expresivos na comunicación oral e escrita. En terceiro lugar, a gramática, co obxectivo de guiar a correcta construción das oracións. Por último, están as actividades de vocabulario, destinadas a dar a coñecer o léxico fundamental do galego. Estas catro grandes áreas están apoiadas por materiais de consulta distribuídos en dúas seccións: un pequeno diccionario léxico coa correspondencia en castelán das palabras utilizadas e con información sobre a conxugación dos verbos e un soporte de información gramatical con recursos expresivos útiles. Ademais, existen complementos que lle permiten ao usuario coñecer aspectos sobre a cultura, a historia e a xeografía galegas.

A realización do curso está apoiada pola posibilidade de acudir a un titor que está a disposición dos estudantes para resolver calquera dúbida e tamén para recoller as suxerencias que estes fagan sobre as leccións. Esta labor de asesoramento persoalizado está a cargo de profesionais da Dirección de Política Lingüística. No que se refire á avaliación, o curso conta cun sistema que lle permite ao usuario coñecer os seus progesos e o nivel de desenvolvemento no que se atopa en cada momento.

Unha das vantaxes que ofrece o curso é que está organizado de maneira que se pode utilizar de xeito secuencial ou selectivo. Así, os usuarios poden seguir a orde das dez unidades dispoñibles ou simplemente seleccionar só aquelas partes que lle interesan.

Nocións básicas
O curso vai dirixido a usuarios de internet coñecedores do castelán que estean interesados en adquirir uns coñecementos básicos de galego. As actividades das que consta o curso poden ser empregadas tamén como material de apoio nos cursos de lingua presenciais e titelados. Neste senso, as leccións son moi axeitadas para castelanfalantes galegos con coñecementos pasivos da lingua; españois non galegos e portugueses que por motivos de viaxe ou traballo teñan interese en adquirir coñecementos básicos; estudantes de linguas románicas de universidades españolas e estranxeiras; asistentes a cursos de galego organizados pola Universidade de Santiago para o verán, pola Consellería de Educación, polo Instituto Cervantes e por outras institucións; e alumnos de ensino secundario.

Os valores fundamentais do curso residen no deseño dos contidos e no aproveitamento de todas as vantaxes que ofrecen o soporte multimedia e a interactividade. Neste sentido, o uso da imaxe e do son constitúen un piar fundamental para apoiar la comprensión dos contidos. O usuario conta con vídeos nos que se recrean situacións coma a presentación, a solicitude de información e moitas outras, que axudan a ubicar os conceptos na realidade. Por outra parte, as nocións fonéticas máis complexas, coma o grao de apertura das vocais, están acompañadas coa pronuncia, fundamental para entender o concepto e o seu uso.

Last Updated ( 20.09.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA