Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » General » Proxecto Ágora Senior
Highlights

Users Online
1826 guests online
Total since 21-12-05: 65382154 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Proxecto Ágora Senior PDF E-mail

O colectivo formado polas persoas maiores leva xa tempo contando con medidas específicas para achegarse ás novas tecnoloxías da información e das comunicacións. As condicións do seu acceso a este ámbito están marcadas por unha serie de necesidades e barreiras que están a ser estudiadas de cara á posta en marcha do primeiro portal en Internet de Galicia deseñado especificamente para os maiores.

O progresivo envellecemento da poboación española faise patente de maneira especialmente notable en Galicia. Os últimos datos do Instituto Galego de Estatística sitúan a porcentaxe de persoas maiores sobre o total nun 19,3 por cento, ó tempo que a esperanza de vida media achégase cada vez máis ós 80 anos. Este feito acentúa a necesidade de achegarlle-las novas tecnoloxías coa fin de que un colectivo poboacional tan importante non quede excluído no avance da Sociedade da Información.

As condicións da navegación por Internet están directamente relacionadas coas características específicas dos usuarios. Neste sentido, as persoas maiores presentan unha serie de necesidades no que se refire á accesibilidade e ó manexo dos recursos da web que están a ser analizados a través do ‘Ágora Senior’, un proxecto apoiado pola Secretaría Xeral de I+D no que toman parte a empresa Interarte Servicios Multimedia, o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e o Grupo de Investigación de Xerontoloxía do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña.

Os resultados deste estudio, cofinanciado con cargo ó Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT), servirán como punto de partida para a futura posta en marcha do primeiro portal web galego dirixido á o colectivo dos maiores. O Centro Xerontolóxico de Estancias Diurnas ‘La Milagrosa’, que será inaugurado en datas próximas, está colaborando activamente no desenvolvemento do proxecto ‘Ágora Senior’, que estará rematado no mes de agosto.

Os portais web dirixidos ás persoas maiores son portais monográficos que abordan aqueles temas que afectan ou preocupan a este colectivo. Deste xeito, as seccións que abordan son: saúde, finanzas, ocio, tempo libre, cultura, familia, formación, información bursátil, o tempo, libros, premios, foros, chat, diccionarios, mapas, balnearios, ONG, farmacias...

SERVICIOS E NECESIDADES TÉCNICAS
O propósito central do proxecto é a realización dunha análise das características que debe ter un portal web de ámbito galego adicado ás persoas maiores e ó seu entorno. O que se pretende é obte-la maior cantidade de información posible acerca das recomendacións que permitan aborda-lo deseño e a posta en marcha do portal logrando a maior adecuación posible ás necesidades do seu público obxectivo. O resultado final permitirá contar coas chaves para optimiza-la competitividade do producto ó tempo que contribuirá á mellora da calidade de vida das persoas maiores e á súa integración na Sociedade da Información.

Interarte Servicios Multimedia buscou a colaboración do Cesga e da UDC para aportar a súa experiencia no análise das tecnoloxías e do mundo dos maiores. O Grupo de Investigación de Xerontoloxía da Universidade da Coruña achega os seus amplos e contrastados coñecementos sobre o colectivo formado polas persoas maiores, dos que se desprenden datos moi importantes sobre as súas necesidades e limitacións á hora de acceder a un entorno web.

Ó Cesga correspóndelle a análise tecnolóxica, coa que se tratará de atopar solucións informáticas ás necesidades e limitacións detectadas. Un paso moi útil que se está dando de cara a lograr un bo resultado é a análise doutros portais destas características existentes no resto do ámbito hispano, sobre todo no que se refire ós seus servicios e contidos e á súa accesibilidade. Polo demais, o Centro Xerontolóxico ‘La Milagrosa’ e a Universidade son dous dos puntos de referencia á hora de tomar contacto directo cos futuros usuarios e facer comprobacións de primeira man.

Neste momento, a fase de análise está rematada e estase comezando a parte práctica do proxecto, a través da que se tentará coñece-la resposta dun grupo de persoas maiores fronte á navegación polos portais creados especificamente para eles xa existentes no ámbito hispano. Esto permitirá contar con datos de moita utilidade de cara á formulación teórica do portal galego no que se refire ós servicios que vai dar, como se van presentar…

ESTÁNDARES A NIVEL INTERNACIONAL
As peculiaridades do colectivo formado polas persoas maiores están relacionadas directamente coas súas características físicas, psíquicas, sociais e funcionais. Coa idade, téndese a perder capacidade de relación co exterior e a vista e o oído diminúen, así coma a capacidade táctil. Todas estas circunstancias inciden directamente na capacidade da aprendizaxe e da adaptación ás novas tecnoloxías, pero existen fórmulas orientadas á compensación destas limitacións.

Entidades coma o Consorcio da World Wide Web e directivas comunitarias coma o ‘e-Europe’ recollen unha serie de normas de accesibilidade pensando en colectivos que presentan características especiais, como ocorre cos maiores. Entre elas están que a navegación debe ser moi sinxela, o tamaño de letra o suficientemente grande e os iconos facilmente recoñecibles. Todas estas consideracións están servindo como as pautas xerais que, unidas ós resultados finais da análise, constituirán unha base sólida para a posta en marcha do primeiro portal web galego específico para a xente maior.

Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA