Presentación do Programa formativo para PEMES do Centro de Competencias en Comercio Electrónico
Hoxe, xoves 16 de maio, terá lugar ás 12:00 h no Clube Internacional de Prensa de Santiago de Compostela a presentación oficial para os medios de comunicación do programa de cursos e conferencias que organiza o Centro de Competencias en Comercio Electrónico, en colaboración coa Universidade da Coruña.
No acto intervirán o Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia, o Ilmo. Sr. D. Miguel Ángel Ríos Fernández, o Director Xerente CESGA, D. Javier García Tobío e o catedrático de Universidade e Director do Departamento de Computación, D. José Luis Freire Nistal.
Na presentación anunciarase o programa de conferencias e cursos de formación en comercio electrónico, totalmente gratuíto e dirixido a empresarios e persoal das PEMES galegas. O obxeto do programa é divulgar entre os empresarios as vantaxes que ofrece Internet e o comercio electrónico ós procesos de negocio dunha PEME galega.
Este programa dará comezo en Santiago de Compostela o día 21 de maio coa primeira conferencia, e o 3 de xuño co primeiro curso, para continuar nas cidades de A Coruña, Vigo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Lugo durante os vindeiros meses.
Día: Xoves, 16 de maio Lugar: Clube Internacional de Prensa
Avda. de A Coruña 6-baixo, Santiago de Compostela. Hora: 12:00 h.