O día 16 de setembro de 2002, instalouse a actualización correspondente a setembro de 2002 da base de datos de CSD. Esta actualización contén 2.215 novas entradas na base de datos e inclúese automaticamente nas buscas, sen necesidade de activala. Se quere coñecer o contido da nova actualización, no programa ConQuest (arráncase co comando cq), seleccione as opcións View Databases -> Entries in CSD version 5.23 updates -> Update 3 (Sep 2002).
Lembramóslle que a base de datos Cambridge Structural Database (CSD) está instalada nunha máquina dedicada, polo que se precisan acceder a esa base de datos e non teñen aínda acceso, teñen que solicitarllo aos nosos técnicos. Actualmente conta con cerca de 270.000 entradas.
Se teñen algún problema co programa ou actualización, non dubiden en poñerse en contacto connosco a través de , indicando no asunto "Erro en CSD".