Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Computación
Destacados

Conectados
1686 visitantes
Total dende 21-12-05: 73778403 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Máster Oficial Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións PDF E-mail
A Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade da Coruña (UDC) e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) organizan o Máster Oficial Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións. Este máster ten como principal obxectivo a formación de profesionais, tecnólogos e investigadores no campo da arquitectura de computadores, a computación de altas prestacións e a xestión e desenvolvemento de proxectos en Ciencia Computacional.
http://gac.des.udc.es/master/.

A modelización, a simulación numérica e a computación de altas prestacións son áreas de coñecemento que gozan hoxe de extenso uso e proxección en infinidade de disciplinas científicas, técnicas e de enxeñaría. Todas as previsións apuntan a unha crecente demanda de profesionais versados en estás áreas de coñecemento na próxima década.

O máster incide na formación académica, de investigación e de transferencia de tecnoloxía que permitirá aos alumnos incorporarse a centros ou departamentos de innovación, investigación e desenvolvemento, parques tecnolóxicos, parques industriais, centros de alta tecnoloxía, centros de procesamiento de datos e/ou empezar a realización dunha tese doutoral na área da computación de altas prestacións.

O plan de estudos consta de 13 materias e un Proxecto Fin de Máster (PFM), e inclúe contidos científico-técnicos e de formación en destrezas humanas de interese en contorna laboral e de aplicación en xestión de proxectos, persoas e equipos compostos por profesionais altamente cualificados.

Un amplo número de profesores compoñen o cadro docente, composto por investigadores e profesionais de longa traxectoria das Universidades de Coruña e Santiago de Compostela, así como do Centro de Supercomputación de Galicia. Ao longo do Máster celébranse intensas sesións de intercambio de coñecemento con investigadores e tecnólogos de empresas punteiras do sector.

O Máster conta coa colaboración de empresas tan importantes como HP, Bull, IBM, AMD, Fujitsu, Gompute ou DygraFilms. Entre os beneficios que estas colaboracións achegan aos estudantes do máster podemos destacar:

  • Posibilidade de establecer contratos en prácticas nestas empresas.
  • Premios en metálico e/ou material informático para os mellores expedientes e proxectos fin de máster.
  • Estancias nos centros de investigación das empresas.
  • etc.
O máster oferta 25 prazas entre as dúas Universidades e inclúe a posibilidade de matrícula a tempo parcial, para poder terminar o máster en 1 ou 2 cursos académicos. A matrícula pode realizarse en calquera das dúas universidades organizadoras. As clases impartiranse en centros de ambas as universidades e no CESGA, ofrecéndose por videoconferencia entre os centros sempre que sexa posible, para minimizar a necesidade de desprazamento dos alumnos.

Máis información achega do máster (programa, prazos de matrícula, etc.) na súa páxina oficial, http://gac.des.udc.es/master/.
Tamén é posible seguirnos a través de twitter, http://twitter.com/master_icap.
Actualizado ( 13.07.2011 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA