Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Cursos e Eventos » MARCEL CURÉ, O MÉRCORES 8 DE XUÑO NO CICLO DE CONFERENCIAS DO CAMPUS DO MAR
Destacados

Conectados
348 visitantes
Total dende 21-12-05: 75363404 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

MARCEL CURÉ, O MÉRCORES 8 DE XUÑO NO CICLO DE CONFERENCIAS DO CAMPUS DO MAR PDF E-mail

Marcel Cure falará o próximo día 8 de Xuño ás 12:00 horas desde o Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, por videoconferencia, que poderá ser seguida en directo por Internet a través de webTV do Campus do Mar, (http://tv.campusdomar.es). Os espectadores poderán interactuar co relator a través dunha canle de chat.

Máis información sobre o proxecto             Reserve a súa praza

MARCEL CURÉ, DIRECTOR DE NUMERICS WAREHOUSE LTD., O MÉRCORES 8 DE XUÑO NO CICLO DE CONFERENCIAS DO CAMPUS DO MAR.

Na conferencia “The Prospects for Wave Energy in Ireland and the Role of Numerical Modelling in its Development” relatará a importancia da modelización numérica no aproveitamento da enerxía das ondas.

O próximo día 8 de Xuño, o Ciclo de conferencias do Campus do Mar cumpre coa súa cita mensual, nesta ocasión coa intervención do Director Xerente de Numerics Warehouse Ltd., Marcel Curei, que dará unha charla titulada “The Prospects for Wave Energy in Ireland and the Role of Numerical Modelling in its Development”, sobre o estado da situación da enerxía da ondada en Irlanda así como o traballo de investigación e desenvolvemento que están a realizar en simulación numérica para abordar algúns dos problemas aos que se enfronta a industria neste campo.

Marcel Cure falará o próximo día 8 de Xuño ás 12:00 horas desde o Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, por videoconferencia, que poderá ser seguida en directo por Internet a través de webTV do Campus do Mar, (http://tv.campusdomar.es). Os espectadores poderán interactuar co relator a través dunha canle de chat.

Experto en simulación numérica Oceanográfica.
Marcel Curé é o Director Xeral de Numerics Warehouse Ltd., empresa Irlandesa que ofrece servizos de modelado numérico e datos para o sector mariño de renovables- ondas, mareas e enerxía eólica en alta mar. Este enxeñeiro naval británico asentado en Galway, Ireland, e PhD en Oceanografía, comezou a súa carreira no campo das aplicacións informáticas para o sector naval. Tras o seu doutoramento as súas investigacións centráronse nos mecanismos de transferencia de gases sobre a superficie oceánica que provocan a ruptura das ondas, participando ademais en proxectos de testado de novos aparellos de medición oceánicos.

Como experto en simulación numérica oceanográfica, Curei creou modelos numéricos para o Instituto da Mariña Irlandés, para prospeccións petrolíferas mariñas, ou modelos de ondas para a emerxente industria da enerxía renovable mariña en Irlanda. Os obstáculos tecnolóxicos a superar no desenvolvemento de aparellos que convertan as ondas en enerxía, (Wave Energy Converter, WEC) así como a sustentabilidade da devandita enerxía e os posibles riscos ecolóxicos da mesma na acuicultura, cetáceos e outros tipos de vida mariña serán parte importante da charla do próximo día.

Entre outros proxectos Numerics Warehouse Ltd. é socio do ASIMUTH do 7PM da UE, para desenvolver un sistema que prediga as floraciones de algas ao longo da costa atlántica de Europa., no seu caso, en Irlanda.
marcel.cure@numericswarehouse.com
www.numericswarehouse.com

Actualizado ( 25.05.2011 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA