A XUNTA PRESENTA O PROXECTO “COMPUTACION NA NUBE”, ESCOLLIDO POR HP COMO UN DOS MELLORES DO MUNDO
O conselleiro de Educación destacou a importancia desta iniciativa de comunidade virtual para combater a dispersión no ensino no rural.
Grazas a este proxecto os membros da comunidade escolar do centro teñen mellorado a súa intercomunicación, e poden realizar actividades conxuntas, sen desprazarse, a través da rede.
O conselleiro de Economía e Industria louvou o traballo do Cesga que, para o desenvolvemento deste proxecto, “logrou captar a atención de HP Labs, en competencia internacional con iniciativas de alto nivel”, un “exemplo de competitividade que cómpre trasladar todos os centros tecnolóxicos e axentes do sistema galego de I+D+i”. (+)