Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Xeral » O CESGA actuará como entidade colaboradora para a solicitude de estancias no estranxeiro.
Destacados

Conectados
814 visitantes
Total dende 21-12-05: 66760075 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

O CESGA actuará como entidade colaboradora para a solicitude de estancias no estranxeiro. PDF E-mail
A FUNDACIÓN CENTRO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA (CESGA) ofrécese para actuar como entidade colaboradora a solicitantes de estancias de mobilidade posdoctoral en centros estranxeiros do Programa Nacional de Mobilidade de Recursos Humanos de Investigación, no marco do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (I+D+i) 2008-2011.

O CESGA actuará como entidade colaboradora para a solicitude das estancias. A titulación dos candidatos ha de cumprir cos requisitos da convocatoria e as titulacións esperadas son:

Doutores en Matemáticas, Física, Informática ou áreas afíns.

Os candidatos deben mostrar interese e presentar un proxecto de investigación nas áreas relacionadas con:

  • Computación de altas prestacións e distribuída: HPC, aplicacións de HPC, Grid e Cloud.
  • Modelos de cálculo de dose e verificación de tratamentos para radioterapia con fotóns e electróns.

Os candidatos interesados deben enviar por correo electrónico a icts@cesga.es antes do 24 de xaneiro de 2011:
  • CV normalizado segundo a convocatoria.
  • Memoria de proxecto científico a realizar durante a contratación (en inglés ou castelán), que deberá estar aliñado cos proxectos en execución nesas áreas no CESGA.

Requisitos de candidatos potenciais (segundo a convocatoria):
  • Nacionalidade española ou dun país membro da Unión Europea con residencia en España.
  • Os Solicitantes debe obter o grao de doutor despois do 31 de xaneiro de 2006 (excepcionalmente 2002 nos casos previstos na convocatoria).

Condicións básicas:
  • Estancia non inferior a 12 meses nin superior a 24 meses.
  • O importe económico está descrito na convocatoria (inclúe axudas de desprazamento e salario mensual).

A actividade dos investigadores desenvolverase en institucións de investigación fóra de España, estando prevista a estancia no CESGA durante un mes cada ano.

É posible atopar o texto completo sobre estas prazas e condicións en: http://micinnws.fecyt.es/cliente_ws_fecyt/downloadAdjuntos.do?idFichero=177067 (texto dispoñible soamente en castelán).

As solicitudes serán avaliadas pola Unidade de Xestión de I+D do Centro, que responderá individualmente a cada candidato antes do 28 de xaneiro de 2011. Para resolver calquera dúbida, póñase en contacto con Carmen Cotelo, Departamento de Aplicacións e Proxectos no CESGA: icts@cesga.es, número de teléfono: (34) 981 569 810
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA