O próximo martes día 21, vaise realizar unha parada programada do sistema de ficheiros SFS do FT. Esta parada terá unha duración aproximada de 1 hora.
Neste tempo o SFS non estará accesible, pero si o será o FT e os datos que poida ter no seu HOME. Calquera traballo que teña que escribir no SFS quedará esperando a que sexa de novo accesible.