O próximo xóves 25 de novembro celebrarase na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago unha nova edición da xuntanza anual CESGA High Performance Computing and Networking.
Unha cita ineludible para todos aqueles investigadores, innovadores e ingenieros que desenvolvan a súa actividade entorno ao uso de sistemas de cómputo, almacenamento ou redes avanzadas para a construción de modelos, simulacións ou prototipos virtuais. Reserva xa esta data no teu calendario.
Inicio: Xóves 25 de Novembro de 2010 Hora: De 9:00 a 18:30 h. Lugar: Aula Magna da Facultade de Matemáticas, Universidade de Santiago de Compostela (Campus Vida). Cofinanciado: CESGA, Rede GHPC, iMATH nodo CESGA. Programa da Xornada Rexistro: Gratuito (+)