Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Courses and Events » Seminario ICTS: Dinámica Molecular nos Fosfatos de Zirconio
Highlights

Users Online
422 guests online
Total since 21-12-05: 74811161 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Seminario ICTS: Dinámica Molecular nos Fosfatos de Zirconio PDF E-mail
Ponente: Amaia Saracibar - Universitá degli Study di Perugia, Italy
Día e hora:  Xoves 4 de Novembro ás 12:00h.
Lugar: Sala de presentacións do edificio da Fundación CESGA, Avda. de Vigo s/n, 15705, Santiago de Compostela.

A investigación estructural dos fosfatos de zirconio, así como o cálculo da súa conductividade protónica, é de grande interese debido a súa aplicación tecnolóxica no deseño das membranas utilizadas nas pilas de combustible. Estes compostos foron amplamente estudados dende o punto de vista experimental. Determináronse así dúas estructuras cristalinas cunha transición de fase entre elas a 450K, e tamén se mediu a conductividade protónica de ambas estructuras.

Dende o punto de vista teórico, o obxetivo é simular facendo uso da dinámica molecular, tanto a transición de fase como a conductividade protónica. O primeiro paso da simulación consiste en implementar o campo de forzas das estructuras dos compostos no programa de dinámica molecular (DL_POLY) utilizado. Esta implementación resulta difícil debido ao elevado número de átomos da celda unidade da rede cristalina dos compostos. Ademáis, na simulación dunha transición de fase sólido-sólido, tense que considerar unha parte representativa do cristal polo que hai que incluir un elevado número de celdas. Solventar estas dificultades na implementación do campo de forzas foi o obxectivo do presente traballo. Púxose a punto un procedemento semiautomático para xerar de forma sinxela campos de forzas no ámbito da dinámica molecular. Dito procedemento consistiu en combinar unha serie de scripts programados en AWK, co programa MOLGEOM, de modo que se xere o ficheiro de entrada que describe o campo de forzas de forma automática. Utilizando o procedemento desenvolvido implementouse o campo de forzas, non só nunha única celda unidade, senon tamén en celdas máis grandes dando un paso inicial para a simulación das transicións de fase e do cálculo das súas conductividades protónicas cos modelos teóricos existentes.

Last Updated ( 03.11.2010 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA