Defínese o servizo de Soporte ao Desenvolvemento como un servizo de axuda ao desenvolvemento de software de usuario. O servizo comprende axuda e colaboración en programación en diversas linguaxes, optimización de código existente así como axuda á implementación de solucións que combinen diversas tecnoloxías computacionais.
Este servizo é levado a cabo mediante o desenvolvemento de proxectos de 4 meses máximo con estreita colaboración do usuario e orixinados por unha solicitude de servizo proveniente deste.
Solicitud de servicio
Pode solicitar este servizo é necesario pertencer ao sistema universitario galego (SUG) ou ao CSIC, ou participar en actividades de I+D+i co CESGA.
É condición indispensable do servizo a aceptación a reportar por parte do usuario todas as publicacións derivadas da solución desenvolvida durante o proxecto nos 2 anos seguintes á finalización do proxecto así como incluír nelas o correspondente agradecemento ao CESGA. Así mesmo toda publicación directamente derivada do desenvolvemento da solución debe incluír como autores aos técnicos involucrados no proxecto.