MAIS DE 70 PEMEs PARTICIPAN NUN SEMINARIO SOBRE MARKETING DIXITAL ORGANIZADO POLO CESGA
Baixo o título “As 22 técnicas básicas do Marketing Dixital para emprendedores e empresas”, Montserrat Peñarroya, Conselleira Delegada de GEA, Internet Project Consulting e fundadora do Portal Solostocks.com (o maior mercado online de B2B de España), impartirá este seminario, no que tamén se presentarán os Proxectos Europeos ICHNOS Plus e EVITA, así como técnicas de Marketing Dixital, posicionamento en Internet e ferramentas de teleformación en e-Business, comercio electrónico e web 2.0 para PEMEs. (+)