Desenvolven un software para avaliar o rendimento dos Supercomputadores
UOMS desenvolveuse no marco dun proxecto participado por CESGA, HP, UDC e USC, para mellora da linguaxe de programación paralela UPC.
Un equipo de investigadores do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), do Grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade da Coruña (UDC) e do Grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC), desenvolveu a primeira suite de microbenchmarking para a linguaxe de programación paralela Unified Paralle l C (UPC). O software, bautizado como UPC Operations Microbenchmarking Suite (UOMS), será liberado para o seu uso pola comunidade investigadora, e servirá como banco de probas para comprobar o rendemento das implementacións da linguaxe UPC. A nova ferramenta permite aos avaliadores comprobar o rendemento da execución dunha serie de operacións para unha ampla gama de tamaños de problema e para configuracións de sistemas actuais e futuros. (+)