Baixo o lema "Bridging the gap between European e-Science and Iberian America", IBERGRID'2010 celébrase este ano na Universidade de Minho, en Braga, entre os días 24 de Maio e 28 Maio, organizado pola propia Universidade de Minho en cooperación co Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, de Santiago de Compostela e coa Universidade de Porto. O Programa inclúe unha conferencia internacional con varias Sesións Temáticas Paralelas, as II Xornadas de Supercomputación, organizadas polo CESGA e un Tutorial dun día con sesións de "hands-on", para o adestramento no acceso a recursos HPC a través da Grid Portuguesa (INGRID) e Ibérica, incluíndo recursos de visualización remota na Universidade de Texas en Austin. (+)