O CESGA abre as súas portas ao público na SEMANA DA CIENCIA |
|
|
|
Con motivo da Celebracion da Semana da Ciencia, o CESGA presenta unha MOSTRA sobre a HISTORIA DAS MÁQUINAS DE CÁLCULO.
Nesta poderán atopar:
- Un extenso repertorio dalgúns dos primeiros computadores, supercomputadores e compoñentes que chegaron a Galicia.
- Exposición didáctica sobre a evolución das tecnoloxías da computación.
- Xornadas de portas abertas no Centro de Supercomputación de Galicia (visita guiada polas instalacións do Centro).
- Presentacións didácticas interactivas.
- Vistia ó Punto Neurálxico
A mostra estará aberta ao público do sábado 9 ao domingo 17 de novembro de 2002 nos seguintes horarios:
- De Luns a Vernres : horario de mañá 10:00 a 14:00, horario de tarde 16.00 a 20:00
- Sabados e Domingos: horario de maña 11:00 a 15:00
Se desexa organizar unha visita dun grupo superior a 10 persoas, por favor concerte a asistencia dun guía chamando ó CESGA, 981 56 98 10.
|
Last Updated ( 21.09.2005 )
|