O día 20 de xaneiro de 2010, instalouse a versión 2009 update 2 da suite Schrödinger.
O Software de Schrödinger é unha suite de programas comerciais para a realización de diversos estudos de modelización e simulación molecular, especialmente aplicable ao estudo de biomoléculas, aínda que tamén ten potencial aplicación a outras disciplinas (nanomateriais, moléculas orgánicas).
As principais novidades pódense consultar no siguinte arquivo en formato pdf. A Rede Galega de Bioinformática (RGB) adquiriu unha serie de licenzas, que pon a disposición da comunidade investigadora adscrita a algunha das institucións públicas galegas. A instalación do software e a xestión das licenzas será xestionada a través do centro de supercomputación de Galicia - CESGA. Máis infomación