Workshop Oceanografía e Hidráulica Estatística e Computacional
A dinámica de poboacións das merluzas na costa galega, as técnicas de xestión ambiental en zonas costeiras, ou a circulación das mareas serán motivo de estudo do Workshop sobre "Oceanografía e Hidráulica Estatística e Computacional”. Será un punto de encontro para investigadores de diferentes disciplinas e de posta en común das contribucións científicas e os códigos desenvolvidos nos distintos grupos.
Data: Venres 27 de novembro de 2009 Organiza: NODO CESGA de i-MATH Lugar: Salón de actos da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela USC Contacto: Jacobo de Uña Álvarez, jacobo@uvigo.es
Mª Elena Vázquez Cendón, elena.vazquez.cendon@usc.es (+)