Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Courses and Events » II Curso de Bioinformática Estructural: Modelización y Simulación de Moléculas Biológicas
Highlights

Users Online
1802 guests online
Total since 21-12-05: 65335695 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

II Curso de Bioinformática Estructural: Modelización y Simulación de Moléculas Biológicas PDF E-mail
Rede Galega de Bioinformática anuncia a celebración do "II Curso de Bioinformática Estructural: Modelización y Simulación de Moléculas Biológicas", que terá lugar en Santiago de Compostela (aula de informática, Facultade de Dereito, Campus Sur) entre o 30 de novembro e o 3 de decembro de 2009. A data límite para a preinscrición é o 8 de novembro.

A duración total do curso é de 30 horas, que poderán ser recoñecidas como 3 créditos ao tratarse dun Curso de Formación Continuada da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A nosa proposta consiste en dar unha introdución xeral das aproximacións bioinformáticas e metodoloxías computacionais de uso común no area da bioloxía estrutural e o deseño molecular. En concreto, abordaremos os seguintes tópicos:

I) Introdución á Bioinformática Estrutural, e ao seu ámbito computacional de traballo.
II) Xeración de modelos computacionais de proteínas: modelización por homoloxía.
III) Estudos de asociación molecular: técnicas de docking e predición computacional de afinidades.
IV) Simulación computacional de macromoléculas biolóxicas: dinámica molecular.

A introdución teórica a cada unha destas técnicas será ilustrada con exemplos prácticos en sesións de ordenador sobre casos seleccionados, presentando os métodos máis populares en bioinformática estrutural e deseño de medicamentos asistido por ordenador.

Encontrardes unha descrición do curso máis detallada no tríptico adxunto, así como do procedemento de preinscrición e matrícula. Para máis información, visitade a páxina web do curso (http://rgb.cesga.es/index.php/curso_2009/curso-de-bioinformatica-estructural-2009.html), ou poñédevos en contacto a través da dirección de correo electrónico cpfc.bioestructural@gmail.com.

Os directores do curso,

Anxo Piñeiro Guillén (USC) / Hugo Gutiérrez de Terán (FPGMX)

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
RESUMO
Curso en Bioinformática Estrutural: Modelización e Simulación de Moléculas Biolóxicas
Curso Teórico-práctico de Formación Continuada - USC de 3 créditos (30 horas)
30 novembro -3 decembro. Aula Nova, Facultade de Dereito - USC
Santiago de Compostela

DATOS IMPORTANTES!!
Prazas dispoñibles: 35 alumnos
Data límite preinscrición: 8 de novembro
Matrícula: 19-23 novembro

PROFESORADO

Xavier Daura, UAB (Barcelona)
Francisco Diéguez, OSL-USC (Santiago de Compostela)
Hugo Gutiérrez de Terán, FPGMX (Santiago de Compostela)
Baldomero Oliva, UPF (Barcelona)
Ángel Piñeiro, USC (Santiago de Compostela)
David Rodríguez, FPGMX (Santiago de Compostela)
Jordi Rodrigo, UPSud (París, Francia)

ORGANIZAN

Rede Galega de Bioinformática
Universidade de Santiago de Compostela
Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS)
Universidade da Coruña
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA