II Curso de Bioinformática Estructural: Modelización y Simulación de Moléculas Biológicas
Rede Galega de Bioinformática anuncia a celebración do "II Curso de Bioinformática Estructural: Modelización y Simulación de Moléculas Biológicas", que terá lugar en Santiago de Compostela (aula de informática, Facultade de Dereito, Campus Sur) entre o 30 de novembro e o 3 de decembro de 2009. A data límite para a preinscrición é o 8 de novembro.
A duración total do curso é de 30 horas, que poderán ser recoñecidas como 3 créditos ao tratarse dun Curso de Formación Continuada da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A nosa proposta consiste en dar unha introdución xeral das aproximacións bioinformáticas e metodoloxías computacionais de uso común no area da bioloxía estrutural e o deseño molecular. En concreto, abordaremos os seguintes tópicos:
I) Introdución á Bioinformática Estrutural, e ao seu ámbito computacional de traballo.
II) Xeración de modelos computacionais de proteínas: modelización por homoloxía.
III) Estudos de asociación molecular: técnicas de docking e predición computacional de afinidades.
IV) Simulación computacional de macromoléculas biolóxicas: dinámica molecular.
A introdución teórica a cada unha destas técnicas será ilustrada con exemplos prácticos en sesións de ordenador sobre casos seleccionados, presentando os métodos máis populares en bioinformática estrutural e deseño de medicamentos asistido por ordenador.
Anxo Piñeiro Guillén (USC) / Hugo Gutiérrez de Terán (FPGMX)
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- RESUMO
Curso en Bioinformática Estrutural: Modelización e Simulación de Moléculas Biolóxicas
Curso Teórico-práctico de Formación Continuada - USC de 3 créditos (30 horas)
30 novembro -3 decembro. Aula Nova, Facultade de Dereito - USC
Santiago de Compostela
DATOS IMPORTANTES!!
Prazas dispoñibles: 35 alumnos
Data límite preinscrición: 8 de novembro
Matrícula: 19-23 novembro
PROFESORADO
Xavier Daura, UAB (Barcelona)
Francisco Diéguez, OSL-USC (Santiago de Compostela)
Hugo Gutiérrez de Terán, FPGMX (Santiago de Compostela)
Baldomero Oliva, UPF (Barcelona)
Ángel Piñeiro, USC (Santiago de Compostela)
David Rodríguez, FPGMX (Santiago de Compostela)
Jordi Rodrigo, UPSud (París, Francia)
ORGANIZAN
Rede Galega de Bioinformática
Universidade de Santiago de Compostela
Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS)
Universidade da Coruña