A Rede Galega de Bioinformática (RGB) celebrará a II Xornada Galega de Bioinformática, que terá lugar o próximo 4 de decembro en Santiago de Compostela, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC.
DATAS IMPORTANTES:
Data límite de envío de abstracts: 4 de novembro
Notificación de aceptación de contribucións: 18 de novembro
Data límite de inscrición: 22 de novembro
Celebración: 4 de decembro
A inscrición é gratuita, e ten como data límite o 22 de novembro. Para realizala deberá cubrir o formulario ubicado na seguinte dirección: http://rgb.cesga.es/register/reg2xgb/2xgb.php. Existe un aforo limitado, co que as plazas asignaranse por estricta orde de rexistro.
Asimesmo, invítase ós asistentes a presentar contribucións ó congreso. A data límite para o seu envío é o 4 de novembro. O comité científico seleccionará un número limitado de traballos para ser presentados de xeito oral, e o resto serán presentados como posters. A resolución deste proceso notificarase o 18 de novembro. Máis información no enlace http://rgb.cesga.es/index.php/general/ii-xornada-galega-de-bioinformatica-2009/inscripcion-y-contribuciones.html
Os seguintes conferenciantes invitados confiraron a súa asistencia:
* Toni Gabaldón. CRG, Barcelona.
* Xavier Daura. ICREA-UAB, Barcelona
* Victor Maojo. UPM, Madrid.
* Julio R. Banga. IIM-CSIC, Vigo.